Con voz propia

O Coro de Cámara Rías Baixas presenta un abano diverso de repertorios musicais, cunha coidadosa selección de pezas que abranguen diversas épocas e estilos, abrindo fiestras a través do tempo e das culturas.

Dende harmonías a cappella que resoan coa pureza da voz humana ata interpretacións emotivas enriquecidas con instrumentación, o noso coro adáptase con destreza a unha ampla gama de escenarios. Xa sexa mergullándonos na polifonía renacentista, explorando as texturas do romanticismo ou rendendo homenaxe á contemporaneidade, a nosa versatilidade permítennos crear experiencias musicais cativadoras e memorables para audiencias de todas as idades e gustos.

Con voz propia conta cun total de tres proxectos a elexir:

Proxecto 1 – QUI CANTAT BIS ORAT

Proxecto 2 – MÚSICA EN FEMININO

Proxecto 3 – OS PERGAMIÑOS PERDIDOS