O vindeiro sábado 11 de xullo, o coro de Cámara Rías Baixas participará no XVIII Ciclo de Concertos de Verán, no museo VERBUM ás 20:30 xunto á Coral Val do Fragoso, cun repertorio que abrangue dende pezas renacentistas, pasando por habaneras e música popular. O concerto está organizado pola Asociacón de corais polifónicas de Vigo e estará dirixido por Bruno Díaz.

Capacidade limitada: entrada con invitación, que se recolle no VERBUM unha hora antes do comezo do concerto (máximo 4 invitacións por persoa).

(Enlace á noticia: https://amovida.gal/events/concerto-de-veran-do-coro-de-camara-rias-baixas/)

Categorías: Prensa