Xa podedes desfrutar da interpretación do Coro de Cámara Rías Baixas, baixo a dirección de Bruno Díaz, no Peche da Porta Santa dese Ano Xacobeo no vídeo dispoñible no noso canal de YouTube.
Na tarde do pasado sábado, 31 de decembro, a Porta Santa da Catedral de Santiago pechouse de novo, tras dous anos aberta, para poñer fin ao Ano Santo 2021-2022, marcado pola pandemia da Covid-19 e polo impulso que supuxo a reactivación do turismo no Camiño de Santiago, que rexistra as cifras máis altas da súa historia.
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, foi o último en traspasala e o encargado de pechar a Puerta Santa nunha cerimonia que comezou arredor das 16:30 horas do último día do ano no interior da Catedral.
Os concelebrantes saíron en procesión dende a Basílica compostelana pola porta de Platerías para dirixirse á Praza da Quintana, onde foron entrando por última vez pola Puerta Santa. Por último, fixo o mesmo o arcebispo, quen posteriormente celebrou a Eucaristía de Acción de Grazas no Altar Maior. A porta permanecerá pechada até o próximo Ano Santo, en 2027.
O día anterior, o 30 de decembro, ademais da tradicional Ofrenda de Traslación pola mañá, pola tarde celebrouse un acto diocesano para dar por rematado o Ano Santo.
Ás 16:30 horas levouse a cabo unha peregrinación a pé dende a Alameda para acceder pola Porta Santa e, unha vez no interior, celebrar unha Vixilia de Oración. Neste acto participaron representantes dos diferentes ámbitos da vida diocesana de Santiago de Compostela.
O sábado 31 de decembro, a partir das 16:30 horas, a Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de clausura do Ano Santo Compostelano, na que se procedeu ao peche solemne da Puerta Santa.
Desenvolvemento da cerimonia:
- Rito inicial e lectura da mensaxe do Papa Francisco, no interior da catedral.
- Procesión ata a praza da Quintana, saíndo pola Porta de Platerías.
- Rito de peche da Puerta Santa.
- Celebración da Eucaristía de Acción de Grazas, no Altar Maior.
Antes da cerimonia, realizouse un repicar manual das campás da catedral a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.
O repertorio musical incluíu varias pezas do compositor galego Juan Durán (Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Reina Sofía de Composición 2018), encomendadas con motivo da celebración do Ano Santo.