O Coro de Cámara Rías Baixas culmina a gravación dun novo disco da man do recoñecido compositor Juan Durán, artista galego recoñecido polas súas obras de música de cámara, vocal, escénica e sinfónica, ademáis dos seus arranxos e orquestacións de música galega, premiado en varias ocasións, entre elas co Premio da Cultura Galega no ano 2013 ou o Premio Reina Sofía de Composición no 2018.

As gravacións leváronse a cabo no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo durante as fins de semana dos meses de marzo de 2022 e abril de 2023, baixo a dirección de Bruno Díaz, fundador e director artístico da agrupación. Acompañando ao coro na interpretación estivo o pianista Brais González, artista ecléctico que se move con facilidade entre diversos xéneros estilísiticos.

Algúns momentos da gravación do disco

A parte técnica da gravación foi a cargo de Pablo Barreiro, un recoñecido productor e técnico que colaborou con numerosas agrupacións musicales de Galicia, incluíndo a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonia de Galicia ou a Orquesta de Cámara Galega, entre outros.

En definitiva, a gravación deste novo disco é unha excelente nova para os amantes da música coral e da música en xeral. A participación de Juan Durán, Bruno Díaz, Brais González, Pablo Barreiro e de todos os coristas asegurarán unha publicación máis que interesante para este sector e anunciaremos todas as vindeiras novas con moito desexo e ilusión.

Categorías: Novas