Bruno Díaz

A dirección artística do coro corre a cargo de Bruno Díaz. Realizou os seus estudos superiores de música no Conservatorio de Música de Vigo na especialidade de instrumentos de música tradicional galega, acadando honras en musicoloxía polo seu traballo sobre a ópera galega O Arame.

Por outra banda, ten o título de trompeta e gaita polo Conservatorio Xan Viaño, en Ferrol, e obtivo un máster en Teatro e Artes Escénicas na Universidade de Vigo, onde continuou os seus estudos na área de educación. A súa formación complétase coa asistencia a prestixiosos cursos de perfeccionamento de interpretación, investigación e dirección coral.

Colaborou con directores como Rogelio Groba, Paul Goodwin, Vicent Alberola, Diego García, Maximino Zumalave ou Lina Tur Bonet.