- Este evento xa pasou.
Museo Verbum – ACOPOVI
11/07/2020 de 20:30 a 21:30
FreeO sábado 11 de xullo faremos a nosa segunda aparición no ciclo “Vigo, un mar de corais” que tódolos anos organiza Acopovi nun concerto no museo Verbum, no que compartiremos esceario coa coral ‘Val do Fragoso’.
O repertorio estará formado por pequenas pezas que van dende o século XVI ata os nosos días, entre as cales poderemos escoitar moi variados estilos. A entrada é con invitación, que se poderá retirar unha hora antes do concerto no propio Verbum (máximo de 4 invitacións por persoa), e deberá de respectarse a seguinte normativa por parte do público:
É imprescindible e necesario que o público dos concertos corais estea sentado e gardando en todo momento o distanciamento de seguridade de 1,5 metros. Facilitarase a agrupación de conviventes mantendo a distancia de seguridade co resto de espectadores. Será obrigatorio o uso das máscaras.