Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Peche da Porta Santa (Catedral de Santiago de Compostela)

31/12/2022 de 16:30 a 19:30

Cerimonia de clausura do Ano Santo Compostelán 2021-2022

Este sábado 31 de decembro, a partir das 16:30h, a Catedral de Santiago acolle a cerimonia de clausura do Ano Santo Compostelán, durante a cal se procederá ao peche solemne da Porta Santa.

(Aviso: o acceso pola Porta Santa quedará cortado ás 15:00h para proceder á preparación da cerimonia)

Desenvolvemento da cerimonia:

  • Rito inicial e lectura da mensaxe do Papa Francisco, no interior da catedral.
  • Procesión ata a praza da Quintana, saíndo pola Porta da Prataría.
  • Rito de Peche da Porta Santa.
  • Celebración da Eucaristía de Acción de Grazas, no Altar Maior.

Antes da cerimonia, realizarase un repique manual das campanas da catedral, a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.

O repertorio musical inclúe varias pezas do compositor galego Juan Durán (Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Reina Sofía de Composición 2018), encargadas con motivo da celebración do Ano Santo.

Solenme Peche da Porta Santa

Prefecto de Ceremonias:
M. I. Sr. Don Elisardo Temperán Villaverde

Monitor:
Ilmo. Sr. Don Jose Fernández Lago, Dean Presidente del Cabildo e Canónigo Lectoral

Coro de Cámara Rías Baixas
Director: Don Bruno Díaz

Barítono solista: Don Gabriel Alonso

Cantor: Don José Luis Vázquez López

Organista: Don Adrián Regueiro

Música: Don Juan Durán

Libreto da cerimonia
De balde

Catedral de Santiago de Compostela

Praza do Obradoiro, s/n
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
Visitar a web Local