- Este evento xa pasou.
Peche da Porta Santa (Catedral de Santiago de Compostela)
31/12/2022 de 16:30 a 19:30
Cerimonia de clausura do Ano Santo Compostelán 2021-2022
Este sábado 31 de decembro, a partir das 16:30h, a Catedral de Santiago acolle a cerimonia de clausura do Ano Santo Compostelán, durante a cal se procederá ao peche solemne da Porta Santa.
(Aviso: o acceso pola Porta Santa quedará cortado ás 15:00h para proceder á preparación da cerimonia)
Desenvolvemento da cerimonia:
- Rito inicial e lectura da mensaxe do Papa Francisco, no interior da catedral.
- Procesión ata a praza da Quintana, saíndo pola Porta da Prataría.
- Rito de Peche da Porta Santa.
- Celebración da Eucaristía de Acción de Grazas, no Altar Maior.
Antes da cerimonia, realizarase un repique manual das campanas da catedral, a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.
O repertorio musical inclúe varias pezas do compositor galego Juan Durán (Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Reina Sofía de Composición 2018), encargadas con motivo da celebración do Ano Santo.
Solenme Peche da Porta Santa
Prefecto de Ceremonias:
M. I. Sr. Don Elisardo Temperán Villaverde
Monitor:
Ilmo. Sr. Don Jose Fernández Lago, Dean Presidente del Cabildo e Canónigo Lectoral
Coro de Cámara Rías Baixas
Director: Don Bruno Díaz
Barítono solista: Don Gabriel Alonso
Cantor: Don José Luis Vázquez López
Organista: Don Adrián Regueiro
Música: Don Juan Durán
Libreto da cerimonia