Bruno Díaz, director

bruno-300x205

A súa formación combina os estudos universitarios cos de ensinanzas superiores de música de conservatorio. Posúe o título de Máster de Teatro e Artes Escénicas (UVigo) e está a cursar estudos de Grao en Educación Primaria (UVigo). Tamén completou os títulos superiores de música en Musicoloxía (con matrícula de honra no seu traballo fin de grao sobre a ópera galega O Arame) e en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega no CSMVigo, e os títulos profesionais de música en Trompeta e en Gaita no CMus Xan Viaño de Ferrol. Esta formación académica está ampliada e perfeccionada con cursos de interpretación, investigación e dirección coral.

Co Coro de Cámara Rías Baixas dirixiu, entre outras obras, a Petite Messe Solennelle de G. Rossini, o Requiem en do menor de L. Cherubini, a Music for the Funeral of Queen Mary de H. Purcell, a Misa da Coroación de W.A. Mozart, números da Misa en re maior de A. Dvorak, números do Mesías de G.F. Haendel, o Requiem en re menor de G. Fauré e a composición coral inspirada nas sete cantigas de amigo de Martín Códax realizada por Brais González. Ademais traballou con Rogelio Groba  para a preparación da cantata Anxos de Compostela de R. Groba, con Paul Goodwin na preparación do Mesías de Haendel, con Vicent Alberola para a preparación da Misa da Coroación e do Requiem de Mozart, con Maximino Zumalave para a estrea da obra Duns folios que foron brancos de Miguel Matamoro e con Diego García nas óperas Rigoletto e Macbeth organizadas por Amigos da Ópera de Vigo no Outono Lírico 2017 e 2018 respectivamente.


Pianistas colaboradores

Brais González
Alejo Amoedo
Saúl Chapela


Agrupacións instrumentais colaboradoras

Orquestra Sinfónica Vigo 430
Ensemble Vigo 430
Orquestra Barroca Vigo 430
Orquestra de Cámara Galega
Orquestra Sinfónica de Galicia
Real Filharmonía de Galicia
Caspervek
Tuvara Brass
Brass CCRB