Dossier

O Coro de Cámara Rías Baixas é unha formación non profesional que persigue a excelencia musical. Dende a súa presentación no ano 2014 leva realizados máis de 80 concertos. Trátase dunha agrupación xa consolidada no sur de Galicia.

O coro interpretou obras fundamentais do repertorio coral acompañado polas principais orquestras da comunidade. Ademais, tamén organiza regularmente concertos de produción propia nos que difunde obras de compositores galegos e permite a proxección de novos solistas.

Dende 2017 colabora con Amigos da Ópera de Vigo e coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 nas súas programacións anuais. Por outra parte, tamén interpreta música a capella nos concertos organizados pola federación de coros ACOPOVI.

O equipo artístico do Coro de Cámara Rías Baixas está formado pola profesora de canto Magna Ferreira, polo pianista acompañante Brais González e polo seu director Bruno Díaz.

Material descargable

Prema aquí para descargar material